O pasado mércores os peixiños lle fixemos unha nova visita a Güino. Esta vez para dicirlle que desciframos a mensaxe que nos fixo chegar na botella e que nela descubrimos unha canción que xa aprendemos e nos encanta!!
O Pasado 12 de xuño fixemos unha excursión á casa do queixo. Pasamos unha xornada fermosa en contacto coa natureza. Fixemos queixo fresco , coñecemos o proceso da lá, vimos diferentes animais de granxa e lles demos de comer e ademais dunha pequena ruta rematamos a xornada xogando a xogios populares.
Comezamos o curso escolar cunha boa n ova; o ananiño que o ano pasado vivía constipado no noso tellado decidiu iniciar unha viaxe para coñecer os diferentes alimentos e receitas dos diversos lugares do mundo. Para estar en comunicación con él elaboramos entre todas e todos un buzón fermoso, nel escribimos e debuxamos os nosos aliemntos favoritos. Un bo día recibimos por fin unha postal do ananiño, n a que achegaba unhas pistas acerca do seu destino, e nos, como bos detectives, averiguamos o lugar onde se atopaba: ROMA! Comezamos a investigar sobre Roma; os seus monumentos e as súas comidas, incluso fixemos unha viaxe 3D pola cidade romana achegadas por Noa. rexistro da actividade O ananiño quere saber que lugares ten que coñecer de Roma e que comidas ten que probar. Por iste motivo elaboramos unha guía para axudar ao noso amigo Proceso... Resultado... rexistro da actividade Aprendimos moitas cousas sobre Roma, tamé n i ni
Todo o ano viaxando polo mundo en diante!! coñecendo e degustando pratos típicos dos diferentes paises visitados. E se montamos o noso restaurante de comida internacional? boa idea!! imos a poñernos mans á obra. Entre todas e todos escollemos o nome do noso restaurante de forma consensuada, cada mesa propuxo un nome, finalmete o nome finalista foi CROCANTE. Elaboramos o letreiro. Elaboramos tamén a carta do restaurante na que incluímos todos os pratos que fumos coñecendo ao longo do curso: pizza, arroz chino, injeras, arepas, pastel de nata e magdalenas de noces. Elaboramos os pratos de comida internacional para poder xogar con eles no noso recuncho do restaurante Para darnos a coñecer elaboramos a publicidade do restaurante. Consideramos os elementos que nos faltan no restaurante... forno, nevera, moedas, billetes e cubertos. Pasámolo en grande no r
Comentarios
Publicar un comentario